Evento: O espantallo amigo

O espantallo amigo
venres, 22 xaneiro, 2016 - 20:30
Teatro Principal de Santiago de Compostela,
Santiago de Compostela

O espantallo amigo

Unha visita a Neira Vilas onde conto e realidade se mesturan

Xosé Neira Vilas abre as portas da súa casa e da súa memoria para amosarnos, nunha entrevista, un percorrido polas súas andaduras vitais e literarias. Ao mesmo tempo transcorre en paralelo a animación do seu conto O Espantallo Amigo narrado pola voz de Amalia Gómez. Realidade e ficción terminan por mesturarse, representando unha fermosa apoloxía da xenerosidade, da amizade e do poder expansivo da lingua galega.

A presentación correrá a cargo do seu director, Carlos Seijo, e de Luis Reimóndez, representante da Fundación Neira Vilas.
A continuación realizarase a proxección do documental de 32 minutos de duración.

A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

TRAILERhttp://bit.ly/TrailerDocuNeiravilas 

EQUIPO ARTÍSTICO
Protagonista XOSÉ NEIRA VILAS
Narradora AMALIA GÓMEZ
Sr Ramón PEPE GÓMEZ
Neno MIGUEL ÁNGEL NEIRA
Nena MARÍA JESÚS NEIRA

EQUIPO TÉCNICO
Director CARLOS SEIJO
Directora de Arte NOELA SEIJO
Fotografía ESTHER TABOADA
Redacción SORAIA VILLAR
Construción animáis SUSO NEIRA e SUSO SÁNCHEZ

DATOS TÉCNICOS
Duración | 32 minutos
Ano | 2015
Idioma | Galego
Productora | Maxina

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Sinais. Programa 1.
3 de xuño
Filmoteca de Galicia
Unha aproximación ao volcán
3 de xuño
Filmoteca de Galicia
Betzy Bromberg. Programa 1.
4 de xuño
Filmoteca de Galicia
Jeannette Muñoz. Programa 1.
5 de xuño
Filmoteca de Galicia