Evento: Concerto de El Chivi
Concerto de El Chivi
Concerto de El Chivi
Actuación do pornoautor madrileño
José Francisco Córdoba, máis coñecido como CHIVI, revolucionou o panorama musical en 1996 co lanzamento, de forma gratuíta e a través da crecente rede P2P, do seu primeiro traballo discográfico "Grandes Fracasos", que a pesar de ter uns medios precarios na súa gravación, obtivo grande éxito grazas ás súas desenfadadas e salvaxes letras.
O Chivi está considerado por determinados medios como o primeiro éxito da internet da historia de España. José seguiu lanzando os discos "Radikal" e "Novo catecismo" a través de internet, creando esa fórmula de regalar os discos e isto permitirlle facer centos de concertos polo territorio español.
Ligazóns
Máis eventos de tipo Concerto