Evento: Camiño do coñecemento

  • escultura Pensador
Camiño do coñecemento
venres, 11 decembro, 2015 - 17:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Camiño do coñecemento

Obradoiro de filosofía

A Biblioteca cede o espazo para esta actividade coordinada por Marisa Bruñuelas, membro da Asociación Eomaia. Ao longo do obradoiro ofrecerase a persoas con inquietudes a nivel filosófico e espiritual, un coñecemento máis profundo acerca do ser humano, abarcando diversos temas, como a felicidade, a fraxilidade, vulnerabilidade, o amor, a morte, etc, e afondando nas argumentacións de psicólogos, filósofos, poetas, e místicos. Será un obradoiro de debate en torno a un tema descrito nun libro por un autor e traballarase con escritores como Jung, Niestche, Heráclito, Chuang Tzu, R.W. Emerson, R. Steiner, Simone Weill, Ken Wilber, etc. Do16 de outubro de 2015 ata o 29 de maio de 2016, celebraranse en venres alternos de 17.00 a 19.00 na Sala de Traballo do 3º andar.Precisase inscrición previa, 10 prazas.

Máis eventos de tipo Obradoiro

Iniciación á escritura creativa
15 de xaneiro a 25 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Obradoiros de verán na biblioteca
2 de xuño a 19 de xuño
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Mulleres, ritmo e tradición
22 de xuño
Xardín Umbrío
Obradoiro de Cultura Romana
23 de xuño a 27 de xuño
Biblioteca Pública de Lugo