Evento: Concerto de Mencey Romántico

  • Mencey Romántico
Concerto de Mencey Romántico
domingo, 29 novembro, 2015 - 19:00
Teatro Principal de Ourense,
Ourense

Concerto de Mencey Romántico

Actuación do grupo canario coa súa xira Tras las Huellas del Bolero

Unidos polo Bolero. O seis compoñentes de Mencey Romántico están conectados polo seu amor á música que universalizaron os grandes tríos mejicanos dos anos 50.
Miguel Anxo Blanco, Pedro Cabrera, Javier Palomar, Ignacio Borrego, Daniel Márquez e Patricio León proceden de diferentes ambientes e experiencias musicais, e é esta diversidade a que achega unha inestimable riqueza a esta formación. Pero os compoñentes de "Mencey Romántico" non só se nutren da música de "toda a vida", algo que conseguen plasmar nas súas interpretacións con mestría, e outorgando un aire novo ao xénero do Bolero, senón que apostan por dar un paso máis aló, e non renuncian a mergullarse en novos estilos, nin a experimentar con novas formas e novas instrumentacions.
Sobre os escenarios aválaos a calidade do seu son e a calidez das súas voces. Actuacións que chegan ao corazón do público e que se repartiron por toda a xeografía canaria desde a súa primeira actuación na Candelaria do ano 2009.

Máis eventos de tipo Concerto

Concerto
25 de xullo
Auditorio do Grove
Concerto
26 de xullo
Albergue de Briallos
Home Orquestra
26 de xullo
Praia fluvial de San Clodio
Ecoralia a lambona ecolóxica
27 de xullo
Adro de Santa María do Azougue