Evento: Cineuropa 2015

Cineuropa 2015
venres, 6 novembro, 2015 a domingo, 29 novembro, 2015
Teatro Principal, Salón Teatro, CGAC, Afundación e Auditorio de Galicia,
Santiago de Compostela

Cineuropa 2015

Proxección de máis de 300 filmes e Arturo Ripstein e Miguel Gomes son os Premios Cineuropa desta edición

Poderase ver 158 películas na sección máis oficial, ás que hai que enadir 143 que se enmarcan no que denominamos como OFF-Cineuropa, para sumar 301 filmes.

Cineuropa premia este ano ao director mexicano Arturo Ripstein, que conta con máis de medio século de traxectoria internacional, e ao portugués Miguel Gomes, un dos máis recoñecidos valores de vangarda do cinema portugués e europeo. Ademais, é de destacar tamén nesta edición a proxección o día 11 do filme Mediterranea, que se fará de forma simultánea en París, Bruxelas, Sevilla, Bucarest, Bratislava, Lisboa e Cork, ademais de en Compostela dentro dos Premios LUX do Parlamento Europeo e que confirman a dimensión internacional do festival.

101 filmes en Cineuropa e 145 en OFF-Cineuropa 
En total serán 101 películas organizadas en Sección Oficial, Panorama Internacional, Maiores con Reparos, Docs-Cineuropa, Fantastique Compostela, Arturo Ripstein: Tributo e Retrospectiva, Retrospectiva Artur Brauner, Especial Dominik Graf, Lembranzas, Panorama Audiovisual Galego, Disidencias, Proxeccións Especiais e o Maratón. E a isto engadímoslle 145 filmes máis no apartado que denominamos OFF-Cineuropa, dentro do cal teremos as seccións Roxos e Marcianos: a Caza de Bruxas en Hollywood, Maratón Roxos e Marcianos, Arthur Miller Centenario, Ciclo Amos Kollek, Filmadas en 1965, Cineuropa recomenda-Cine de Culto e Docs Music.

Cineuropa brindará esta edición tres lembranzas: as dúas primeiras serán aos premios Cineuropa falecidos este ano, Manuel de Oliveira e Vicente Aranda, e a terceira aos multifacéticos creadores galegos Chichi Campos e Toñito Blanco, tan unidos a Compostela. Ademais, este ano teremos dous maratóns, un centrado no cinema norteamericano de ciencia ficción de serie B, onde os marcianos eran alter ego dos comunistas; e o xa tradicional maratón transgresor da última fin de semana, de preto de 12 horas, unha celebración profana do cinema que non ten equivalente en ningún outro festival internacional.

Toda a pogramación

Máis información

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos