Evento: Concerto de Kiko Veneno
Concerto de Kiko Veneno
Concerto de Kiko Veneno
Actuación do histórico cantante de orixe catalán
Figura capital da música española con catro décadas de traxectoria. Afeito a abrir camiño, a buscar unha expresión xenuína, o músico sevillano de orixe catalán mantén intacto o seu inquieto espírito creativo.
O seu repertorio, que acompañou a varias xeracións de melómanos sen perder ningunha das súas propiedades, segue crecendo alto, forte e san.
Sobre os escenarios, a soas coa súa guitarra ou acompañado pola súa banda, Veneno desprega un repertorio infalible que hai tempo non é seu, senón de todos, porque habita na memoria colectiva.
Ligazóns