Evento: Concerto de Vaamonde, Lamas & Romero

  • Vaamonde, Lamas & Romero
Concerto de Vaamonde, Lamas & Romero
luns, 5 outubro, 2015 - 13:15
Praza de Santa María,
Lugo

Concerto de Vaamonde, Lamas & Romero

Actuación do trío máis retranqueiro da música galega

Suso Vaamonde, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero, son tres nomes referenciais na música galega actual. As súas traxectorias individuais abranguen dende a música de raíz ata o folk, a fusión ou o jazz, pasando pola docencia, a composición e dirección musical ou a publicación de partituras, todas elas amplamente refrendadas polo público.

O trío máis retranqueiro da música galega renóvase e presentan a súa nova proposta escénica cun repertorio composto exclusivamente por temas dunha única formación da historia de Galicia, Os Trintas de Trives. Suso Vaamonde, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero, ofrecen a súa particular visión cómica e desprexuizada deste cuarteto, que triunfou hai máis dun século aquí e alén das nosas fronteiras e cuxa traxectoria é un cúmulo de singularidades, anécdotas e vangardismo.

Máis eventos de tipo Concerto

O mellor e o peor dos 80 e 90
13 de xullo
Club Fluvial de Begonte
Con iAlma
13 de xullo
Praza do Concello
Gold&Colt
16 de xullo
Rúa dos Viños