Evento: 10 Negritos

  • Cartel da obra
10 Negritos
sábado, 13 febreiro, 2016 - 22:00
Teatro Colón,
A Coruña

10 Negritos

Representación organizada pola compañía Iniciativas Teatrales

And then there where none (E non quedou ningún) é, segundo a propia autora, a súa mellor idea.
10 negritos conta a historia de dez persoas que, baixo diferentes pretextos, son convidadas para pasar unhas tranquilas vacacións nunha illa. Cando todos os convidados se instalan na luxosa mansión descobren que foron enganados e que a súa presenza alí non é casual, xa que todos están implicados, directa ou indirectamente, na morte doutras persoas no pasado. A partir dese momento irán sendo asasinados un a un seguindo un macabro xogo relacionado coa canción infantil dos dez negriños que cada un ten colgada na súa habitación. Quen cometería o asasinato?

Escrita en 1939 e teatralizada pola propia autora en 1943, esta obra bateu todos os récords de espectadores e de lectores. Cuns 100 millóns de copias ata o momento, é xa a novela de misterio máis vendida da historia e sitúase entre os 10 libros máis vendidos de todos os tempos.

Máis eventos de tipo Espectáculo

A xira do cuarto de século
11 de xullo
Espazo Cultural da rúa Camilo José Cela
Os Bolechas e o gran reto
16 de xullo
Patio do CEIP de Pedrouzos
Os Bolechas e o gran reto
18 de xullo
Praza Juan Salgueiro
Os Bolechas e o gran reto
19 de xullo
Peirao de Arcade