Evento: A Bela Auria

  • Cartel da Bela Auria 2015
A Bela Auria
sábado, 26 setembro, 2015 - 10:30
Xardín do Posío e Praza de San Marcial,
Ourense

A Bela Auria

Festa de recordo dos anos 20 do século XX

A Bela Auria é o nome que Otero Pedrayo empregaba para referirse á cidade de Ourense. Nel condénsase o que calquera ourensán xa sabe: que a súa cidade é bela, unha das máis fermosas de Galicia, e que é de ouro pola súa historia e pola súa tradición cultural.

Houbo un tempo no que o Ourense real e o Ourense imaxinario estaban cheos de grandes figuras. Pola Bela Auria camiñaban Otero Pedrayo, Risco, Ferro Couselo e outros; polas súas páxinas andaban a marear don Celidonio, os celtas, lendas e ideas chegadas de toda Europa. Aquela era a Atenas de Galicia, unha vila de cidadáns e non soamente de habitantes. Por iso, é preciso recuperar a memoria daquela cidade, por iso A Bela Auria, a festa da historia de Ourense.

Un amplo abano de oferta cultural e recreativa para toda a xornada e para todos os públicos, debuxo, fotografía, obradoiros, exposicións, teatro, contacontos, música,...sempre recordando os tolos anos 1920's.

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos