Evento: Live for Madness Metal Fest
Live for Madness Metal Fest
LIVE FOR MADNESS METAL FEST é un proxecto independente e non lucrativo que nace en outubro do 2010 grazas á iniciativa de Iván Nieto, fundador e organizador do festival, que se embarcou nesta aventura impulsado polo seu desexo de levar a Ourense aos incribles thrashers cataláns VIVID REMORSE, unha das bandas máis punteiras do panorama nacional, actualmente con dous impresionantes discos ás súas costas.
Outro dos obxectivos principais do festival era potenciar o metal nunha provincia como Ourense onde era un xénero minoritario e case non se realizaban iniciativas deste tipo.
Os grupos participantes foron seleccionados entre máis de 240 formacións de toda a xeografía española que se presentaron á convocatoria para formar parte do cartel desta edición, o que segundo os organizadores supuxo un record absoluto de participación.
Neste 2015 actúan as seguintes bandas: Childrain (Victoria); Scent of Death (Ourense); Evil Impulse (Ciudad Real); Agónica (Vigo); Wisdom (Ferrol) e Raze (As Pontes).
Máis eventos de tipo Festival