Evento: Luar na Lubre
Luar na Lubre
Luar na Lubre
Actuación do coñecido grupo folk presentando Extra:Mundi
No ano 1986 nace Luar na Lubre na cidade da Coruña converténdose, co paso dos anos e o seu teimoso traballo, nunha das formacións máis prometedoras e referenciais da música feita en Galicia.
O traballo que desenvolve a banda está enfocado desde a óptica de entender que a música é un dos factores culturais máis importantes para a afirmación do dereito á diferenza enriquecedora do pobo galego.
O grupo pretende que en Galicia predomine a súa cultura aínda que non rexeita influenzas que melloren a súa proposta sen deturpar o carácter central do seu proxecto.
O grupo está formado por:
- Bieito Romero (Gaita, zanfona e acordeón diatónico)
- Eduardo Coma (Violín)
- Patxi Bermudez (Bodhran, tambor galego e djimbek)
- Paula Rey (Voz)
- Pedro Valero (Guitarra acústica, bouzouki e baixo pedal)
- Xan Cerqueiro (Frauta traveseira, whistles e Teclado)
- Xavier Ferreiro (Percusións latinas e efectos)
- Xulio Varela (Bouzouki, coros e percusión tradicional galega)
Ligazóns
Máis eventos de tipo Concerto