Evento: Noiteboa

Noiteboa
xoves, 10 decembro, 2015 - 21:00
Teatro Principal de Pontevedra,
Pontevedra

Noiteboa

Traxicomedia da compañía Redrum Teatro

Sinopse: Chega o Nadal a Santiago de Compostela, e con el  as panxoliñas, o turrón, as pagas extras e o tradicional rapto do Neno Xesús do Belén. Nestas datas ninguén debería cear só en Noiteboa e por iso Mariví,unha entrañable xubilada, contrata a dous profesionais para que lle fagan compaña. Arturo, unha vella gloria con delirios de grandeza, é un asiduo nas festas de Mariví. Pero para Nico, un estudante con escasos recursos, é a primeira vez. Para todos, esta Noiteboa será difícil de esquecer. 

Traxicomedia producida por Redrum Teatro e subvencionada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).

Ernesto Chao, Mela Casal e Guillermo Carbajo protagonizan esta sexta montaxe da compañía galega.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Os Bolechas e o gran reto
4 de agosto
Praza do Centro Multifuncional Xesús Mato Mato
Os Bolechas e o gran reto
5 de agosto
Praza do Corgo
A xira do cuarto de século
8 de agosto
Parque Barosa
Os Bolechas e o gran reto
20 de agosto
Praza do Convento