Evento: Encontro de torneiros da madeira
Encontro de torneiros da madeira
Os Encontros internacionais de Torneiros da Madeira en Galicia son unha iniciativa única na península ibérica que se celebra no concello chairego de Xermade dende fai 15 anos coa que se pretende recuperar do esquecemento un oficio tradicional en toda Galicia, documentar técnicas e coñecementos e trasladar a sociedade as súas orixes e o potencial artístico e creativo que ofrece.
Durante catro días reúnense profesionais e afeccionados para compartir sabedoría e experiencia, ao tempo que achegarlle ao público en xeral o mundo da tornería; duns e doutros depende que non se perdan as técnicas que descubriron e perfeccionaron, ao longo de moitos anos, os maiores.
Durante os encontros podese visitar na Biblioteca Municipal a mostra itinerante CONtornos na que se pode apreciar o traballo de torneado de madeira de xeito artístico, así como apreciar ata onde se pode chegar co torno.