Evento: Festival Peregrinos Musicais

  • Cartel do Festival
Festival Peregrinos Musicais
luns, 21 setembro, 2015 - 20:30
Teatro Principal,
Santiago de Compostela

Festival Peregrinos Musicais

Dezasete novos talentos musicais de Galicia e internacionais participan nesta quinta edición

O Festival Peregrinos Musicais celebra xa o seu quinto aniversario. O Festival conta cun excepcional nivel artístico e abarca os mellores escenarios de Santiago de Compostela culminando cun solemne concerto de Clausura no Auditorio de Galicia, onde os peregrinos desta nova edición actuarán xunto á Real Filharmonía de Galicia.

Un dos escenarios característicos que se mantiveron nas edicións anteriores volverá albergar un dos concertos máis esperados da V edición Peregrinos Musicais, o da Catedral de Santiago. Este evento é o verdadeiro corazón do festival e marca un dos momentos máis especiais da peregrinación dos mozos músicos.

  • 21/09/2015 ás 20:30 Teatro Principal: Inauguración.
  • 22/09/2015 ás 21:30 Catedral de Santiago de Compostela: Peregrinos Musicais (Actividade gratuíta).
  • 23/09/2015 ás 20:30 Teatro Principal: Mestres e Laureados, Ilona Timchenko (piano). Participan Diana Poghosyan(violín) e Amelia Ónega Otero (clarinete).
  • 24/09/2015 ás 20:30 Paraninfo da USC na Facultade de Xeografía e Historia: "Années de Pèlerinage" (Actividade gratuíta).
  • 25/09/2015 ás 21:00 Auditorio de Galicia: Vos novos solistas coa Real Filharmonía de Galicia, dirixido polo mestre Maximino Zumalave.

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos