Evento: Luís Brea y el Miedo
Luís Brea y el Miedo
Luís Brea y el Miedo é o resultado da indagación persoal de Luís Brea nos pensamentos, as emocións, e as "maneiras de vivir" que formaron parte do seu día a día desde que editou "Hipotenusa". Este traballo toma a súa forma final e empeza a adquirir un sentido, todo isto está a ser posible grazas ao apoio de seguidores e ao novo equipo que forma este proxecto. Jorge Martí (guitarra e sintes), Lázaro Fernández (Batería), Nacho Moura (baixo e coros) e Luís Brea (guitarra e voz).
No fondo parece que a idea neste disco é tratar o medo e o mundo en xeral desde a perspectiva dos ollos dun neno sen a carga de experiencia e adaptación cotiá que teñen os adultos e que lles leva ao bloqueo, á furia e á ansiedade. Desde a mirada dun neno, ese medo, non bloquea, é máis curiosidade, empúxa ao coñecemento e fai pensar que todo é unha aventura. Luís volveu atrás no tempo para mirar ao futuro desposuído de prexuízos, tics e costumes tan manidos no pop deste país, dar cabida á ilusión, á crítica e á aceda sinxeleza.