Evento: Danzas ancestrais de Darbo

  • Cartel da Romaría
Danzas ancestrais de Darbo
martes, 8 setembro, 2015 - 11:00
Darbo,
Cangas

Danzas ancestrais de Darbo

Festa de interese turístico de Galicia

A danza data do século XVI e bailábase para dar gracias á Virxe por favores recibidos durante o ano. 
Participan dez galáns, cinco damas, un gaiteiro e un tamborileiro, todos eles dirixidos por un guía que marca o tempo da Danza e da Contradanza. 
Os danzantes distribúense en tres filas, seguindo ao guía principal, que leva as damas e as coloca formando arco en fronte da fila da esquerda; esta sae e marcha por fóra da outra formando outra parte do arco que se une ao primeiro; e, por último, a outra fila de galáns cerra a circunferencia. Para a Contradanza utilízase a mesma colocación, fórmase un círculo xeral levando o guía ás damas e despois ós contraguías coas súas filas.

Este evento está encadrado dentro das actividades da Romaría de Darbo que teñen lugar na parroquia canguesa de Darbo desde o 6 ao 9 de setembro.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Feira Franca
5 de setembro a 6 de setembro
Pontevedra
Feira Tradicional dos Remedios
5 de setembro a 8 de setembro
Romarías da Virxe da Franqueira
7 de setembro a 9 de setembro
A Franqueira
Festa das Fachas de Castelo
7 de setembro a 8 de setembro
Taboada