Evento: Noite Folk de Negreira

  • Cartel da Noite Folk
Noite Folk de Negreira
sábado, 22 agosto, 2015 - 14:00
Refuxio de pescadores de Covas,
Negreira

Noite Folk de Negreira

13ª edición do festival de música folk e tradicional

Nesta XIII edición a festa comezará ó mediodía, cun xantar popular. Como novidade, desde a organización fan un chamamento a aquelas agrupacións que queiran asistir ó longo da tarde a facer foliada. Os grupos participantes recibirán tíckets para consumir na barra e tamén se lles dará de cear gratuitamente.
Neste ano, no que as pandereteiras nicrarienses Limagoia celebran o seu 25 aniversario estarán no escenario na compaña do grupo de pandereteiras con maior traxectoria no nosos país: Leilía. Ademais actuará coa súa banda un dos gaiteiros de maior proxección internacional: Budiño. 

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos