Evento: Festival Paradiso

  • Cartel do Festival
Festival Paradiso
sábado, 5 setembro, 2015 - 19:30
Parque dos Eliseos,
Monforte de Lemos

Festival Paradiso

4ª Edición do festival organizado pola Asociación Cultural Náufragos do Paradiso

A Asociación Cultural Náufragos do Paradiso de Monforte pretende unir os desexos da mocidade e crear unión tanto en Monforte como na Ribeira Sacra. Así, o principal fin da asociación, que conta con máis dun cento de socios, é a de crear e manter un gran festival na zona sur da provincia de Lugo e en concreto na segunda vila máis poboada da provincia.

Nesta cuarta edición os grupos convidados son Dakidarría, Familia Caamagno, Black Vintage, Millo, sesións de picadiscos con DJ Eros Marez, DJ Mellow e con Toñyto All Time #soundsystema.

Para comezar, hai programada ás 20:00h. unha pancetada popular.

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos