Evento: Festival Osa do Mar

  • Logotipo do festival
  • Horarios de concertos do Festival
  • Actividades do festival
Festival Osa do Mar
venres, 4 setembro, 2015 a domingo, 6 setembro, 2015
Zona da praia da Marosa,
Burela

Festival Osa do Mar

Festival de música alternativa e underground da Mariña

Osa do Mar é un festival de música en Burela (na zona da praia da Marosa) que fusiona diferentes estilos para conformar un cartaz alternativo. É a expresión do estado actual da música galega, un intento de amosar o gran momento creativo que atravesan o elevado número de grupos galegos de calidade acompañados por bandas de diferentes puntos do Estado e de Portugal.

Unha oferta cultural e musical única e innovadora. Unha fin de semana de festa completa, coa boa música alternativa como fío conductor máis ofrecendo outras actividades deportivas e culturais de interese que involucran a moitos públicos e asociacións.
Pretende reivindicar e dinamizar unha comarca viva e que desborda potencial por todos os poros. A primeira edición amosou que hai espazo para eventos de estas características.

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos