Evento: Lobo Bobo
Lobo Bobo
Lobo Bobo
Un espectáculo para bibliotecas de Elefante Elegante
Que pasaría se o lobo da Carrapuchiña se fixese vexetariano? Que acontecería se a madastra de Branca de Neve se convertese nun dos tres porquiños cada vez que se mira no espello? A resposta a estas e outras preguntas poderémola descubrir no novo espectáculo para bibliotecas de Elefante Elegante.
O espectáculo está dirixido a nenos e nenas entre os 3 e os 7 anos. Ten unha duración aproximada de 50 minutos.
Esta actividade forma parte do programa de dinamización da lectura na Rede de Bibliotecas de Galicia Ler conta moito
Ligazóns