Evento: Festival Internacional de Percusión Galicia 2015

Festival Internacional de Percusión Galicia 2015
xoves, 13 agosto, 2015 - 21:30
Merza,
Vila de Cruces

Festival Internacional de Percusión Galicia 2015

Actuación de Odaiko neste proxecto de investigación musical desde a percusión

O festival trátase dun proxecto ideado por César Peris (músico e director artístico da compañía Nuevo Contemporáneo e responsable da cátedra de percusión CSMA) e Juan Collazo (músico e director de Odaiko percussion group, director do festival Merza-Percusión e membro do  comité asesor de programación musical FIP). 

Celébrase, ademais de en Merza, en Agolada e Lalín con actuacións de grupos de percusión consagrados de ámbito autonómico, nacional e internacional. En Merza é Odaiko nesta ocasión, e o 30 de xullo foi a banda eslovena STOP. Nas restantes localidades: Sumrrá, LAR Legido, Ton Risco, Rubén Montes e repite a banda eslovena STOP.

FIP lévase a cabo desde 2011 en comunidades como Aragón, Madrid, Galicia e Valencia e presentou os seus concertos en cidades como Zaragoza, Canfranc, Santiago de Compostela, Lugo, Pontevedra, Madrid, Valencia, Castellón ou Santa Cruz de Tenerife.

Encadrado dentro do Festival tamén se leva a cabo o X Curso Internacional de Percusión e concursos de percusión solista e en grupo. 

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos