Evento: Rockin' Vila
Rockin' Vila
Rockin' Vila
Festival de rock galego en Vilanova de Arousa
O Rockin’ Vila procura establecer un evento de referencia para a música en galego, que apoia á nosa Comunidade e asiste aos grupos que versan na súa lingua. Dado que o Festival pretende ser parte da vila, e que nada forma máis parte dela que a súa tradición mariñeira, a data perfecta para facer cadrar o evento será a mesma na que se celebra a "Festa Gastronómica do Mexillón e o Berberecho".
Bandas participantes nesta segunda edición do festival:
- Terbutalina: máxima expresión do garage-punk en Galicia.
- Biribirlocke: banda de rock clásica con ventos procedente de Bugallido (Ames). Na xira de presentación do seu primeiro disco.
- Aspergilus de Coira: músicos procedentes de varias bandas que fusionan rock con música electrónica. Presentando o seu primeiro EP.
- Doen: banda formada no 2015 con músicos de Vilanova e da Illa de Arousa procedentes da nova e da vella escola do rock.
- NAO: banda con dez anos de traxectoria na súa derradeira etapa logo de anunciar a súa retirada dos escenarios.
A entrada ao festival será de balde e haberá unha zona de acampada tamén de balde.
Ligazóns
Máis eventos de tipo Festival