Evento: Concerto de Marisol Mendive

  • Marisol Mendive
  • II Festival Hercules Brass
Concerto de Marisol Mendive
martes, 4 agosto, 2015 - 20:30
Igrexa do mosteiro de San Salvador,
Celanova

Concerto de Marisol Mendive

Actuará acompañada do profesorado da II Festival Hércules Brass Celanova

Licenciada en Ciencias da Educación pola Universidade de Barcelona, realizou os seus estudos de órgano cos profesores J. L. González Uriol (Zaragoza) y M. Torrent (Grao Superior, Barcelona). Participou en numerosos cursos de perfeccionamento dirixidos polos profesores Daniel Roth, Andreas Arand e Michael Radulescu, entre outros. Traballou durante varios anos como organista e directora do Departamento de Música do Santuario de Torreciudad (Huesca).

A súa actividade como concertista desenvolveuse en numerosas capitais españolas e diversas cidades de Italia, Suíza, Croacia, Noruega, Portugal, Alemaña e México.  Desde o ano 2004 é profesora de órgano do Conservatorio Profesional de Música de Ourense e Directora Artística do Ciclo de Órgano de Xunqueira de Ambía (Ourense). Preside a Asociación de Amigos do órgano “Un rato no tubo”, de recente creación.

Este concerto está dentro da programación do II Festival Hércules Brass Celanova, que se celebra do 4 ao 8 de agosto. Tras o éxito obtido na primeira edición, o segundo festival ten como obxectivo a consolidación dun encontro musical que intenta converterse no mellor escaparate da música de vento-metal dentro do panorama artístico galego.

Máis eventos de tipo Concerto

O rianxeiro
21 de xullo
Casa da Cultura
Wolfmother
21 de xullo
Rúa de Concepción Arenal, 5
Ecoralia a lambona ecolóxica
22 de xullo
Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey
A banda dos insectos
A Banda dos Insectos
22 de xullo
Sala Bahía