Evento: Gallipoli
Gallipoli
A historia comeza en Australia occidental en 1915 con Archie, un mozo corredor de 18 anos que o único que quere é ir á guerra para combater contra Turquía, un aliado do Imperio Alemán. Con todo o seu tío Wallace só quere que sexa corredor. Logo dunha carreira, Archie vaise a inscribir á cabalería, pero uno dos que estaban presentes dille aos oficiais que Archie non tiña 21 anos, polo que non podía inscribirse, alí coñece a Frank quen lle di que en Perth podía inscribirse. Así foi que se encamiñaron a Perth, pero algo non saíu moi ben e foron parar ao deserto e en dúas semanas máis o tren partía rumbo a Perth, pero Archie non quixo esperar e foise polo deserto xunto a Frank, quen non tiña moita fe en saír vivo do deserto, pero Archie sabía como atopar o camiño e foi así como chegaron á facenda do vello Dan onde os atenderon moi ben. Frank e Archie chegaron finalmente a Perth, onde se inscribiron na cabalería, pero só Archie ingresou, porque Frank non sabía montar dacabalo.
Director: Peter Weir
Interpretes:Mark Lee, Mel Gibson, Bill Kerr, Harold Hopkins
Australia, 1981 / 110 min.
Non recomendada para menores de 14 anos.
Entrada libre e de balde. As películas proxectaranse en versión orixinal subtitulada en castelán.