Evento: Arde Lucus

Arde Lucus
xoves, 16 xuño, 2016 a domingo, 19 xuño, 2016
Lugo,
Lugo

Arde Lucus

Festa de recreación histórica de interese turístico de Galicia

O Arde Lucus viu a luz no ano 2002 co obxectivo primordial de rememorar a fundación da cidade de Lugo a través da recreación do seu pasado romano. Ligado ao solsticio de verán, neste acontecemento conxúganse os aspectos lúdicos e culturais coa maior rigorosidade histórica posible. O seu recinto amurallado transfórmase cada ano durante tres días en Lucus Augusti, destacada urbe da Gallaecia romana que ofrece a quen a visita un variado programa de actividades.
A Muralla cobra durante a festa un especial protagonismo, así como as xentes que habitan a cidade e que participan activamente do espírito festivo ao tomar as rúas, xa sexa con roupas romanas ou castrexas. 

Punto de reunión por antonomasia, o mercado (Macellum) é un fervedoiro constante de actividade. A Praza Maior é o escenario idóneo para trasladarse no tempo ata o século I.
O circus, o asentamento Galaico, e o Romanus Theatrum, na Praza de Santa María, auténtico centro cultural da festa.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Festival Internacional Mundo Celta de Ortigueira
9 de xullo a 13 de xullo
Varios espazos
Feira Franca Medieval de Betanzos
Feira Franca Medieval de Betanzos
11 de xullo a 13 de xullo
Betanzos
Feira do Viño do Rosal
18 de xullo a 20 de xullo
O Calvario
Festa da Vieira de Cambados
18 de xullo a 22 de xullo
Cambados