Evento: El inquilino

El inquilino
martes, 7 outubro, 2025 - 20:30
Filmoteca de Galicia,
A Coruña
José Antonio Nieves Conde, 1957

Moi coñecida é Surcos (1951), de Nieves Conde, como bo exemplo de neorrealismo español. Seis anos máis tarde dispúxose a facer, co mesmo espírito, El inquilino (1957), con Fernán Gómez de protagonista. A historia centrábase nas desventuras dunha parella para asegurarse unha vivenda digna no Madrid do desarrollismo franquista. A censura mutilouna, danando as súas posibilidades de proxección. Só en 1993 recuperaría o seu autor a montaxe orixinal, que rescata agora Filmoteca Española nunha nova restauración.

A proxección estará acompañada do tráiler orixinal, precisións sobre a restauración e unha entrevista co propio Nieves Conde na que explica todos os pormenores ao redor desta censura e as intencións orixinais do filme.

 

Duración total da proxección: 108 minutos.

Copia de Filmoteca Española, por cortesía de Juan Miguel Nieves Mascuñán.

Restaurada en 4K en 2025 por Filmoteca Española en colaboración coa familia de Nieves Conde, dos negativos orixinais en acetato en 35mm e dunha copia en 35mm en acetato. Fondos provistos polo ICAA – Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuais e o Ministerio de Cultura.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Curtas Travis & Erin Wilkerson 1
4 de outubro
Filmoteca de Galicia
La viajera
7 de outubro
Filmoteca de Galicia
An Injury to One
8 de outubro
Filmoteca de Galicia
A nuestros amores
8 de outubro
Filmoteca de Galicia