Evento: Territorio Regueifa
Territorio Regueifa
Territorio regueifa é un espectáculo de humor, música e improvisación, no que dous regueifeiros e unha regueifeira introdúcennos na arte da regueifa, as súas orixes, a súa evolución, e a súa vixencia na actualidade. O espectáculo combina a parte narrada coa recreación de distintas escenas teatrais, como a primeira regueifa da historia, a incorporación da muller no mundo da improvisación rimada, ou como sería un telexornal da Galega feito en verso. O público tamén participará de forma activa recibindo unha clase de iniciación á improvisación oral cantada, que rematará cunha gran festa musical.
Equipo artístico
Dirección: José L. Prieto
Escenografía: Banale
Vestiario: Laura Baena
Música: Santi Jul e Iván Laxe
Elenco: Lupe Blanco, Manolo Maseda e Josinho da Teixeira
Estrea no marco do Festival Internacional Outono Teatro de Carballo