Evento: Heroes en decembro
Heroes en decembro
A partir do texto orixinal de Eva Mir, Heroes en decembro presenta catro persoas que participaron no programa de repoboación rural “Revivir” da Fundación Habitando, tras seren superviventes de tentativas de suicidio. Lonxe de seren rehabilitadas, as rutinas programadas afúndenas máis no baleiro vital. A morte de Khalid, a chegada dunha traballadora social que busca facer un documental, e as decisións extremas de Agnes, Berta e Xián poñen en crise o sentido mesmo do programa.
Esta peza coral reflexiona con honestidade e humor ácido sobre a saúde mental, a culpa, a identidade e o dereito a falar do suicidio. Un drama contemporáneo cun código escénico innovador e comprometido coas novas xeracións.
Equipo artístico:
Dirección, tradución e adaptación: Sara Rey
Espazo sonoro: Marcos Grandal
Espazo escénico e iluminación: As dúas e punto
Revisión lingüística: Andrea Gagino
Asesoría psicolóxica: María Borrazás
Elenco: Isabel Garrido, Marcos Grandal, Andrea Blanco e Ana San Fernando
Estrea nacional no marco da Mostra de Teatro de Ribeira 2025
Coa colaboración do Concello de Catoira dentro do programa de residencias do Centro Dramático Galego