Evento: Los inundados

Los inundados
sábado, 13 setembro, 2025 - 18:00
Filmoteca de Galicia,
A Coruña
Fernando Birri, 1962

A auga de Los inundados é auga de río, dun río cotián do litoral arxentino que é todo menos paisaxe estética, en cuxas costas viven varias familias de escasos recursos que deben trasladarse logo dunha crecida. Así, a auga e a natureza politízanse, non só pola neglixencia do goberno que se demora en construír un dique para conter a corrente senón porque rapidamente a inundación é capitalizada polos partidos políticos locais, que prometen melloras na calidade de vida dos santafesinos. Los inundados xorde do interese de Birri por mostrar –nun traballo que sintetiza a ficción con aspectos documentais– o que nunca se mostrou no cinema nacional: vidas reais, cheas de problemas e de problemas máis colectivos que individuais, pero non sen encanto e chamamé.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Maurice Pialat, el amor existe
9 de setembro
Filmoteca de Galicia
A la deriva
9 de setembro
Filmoteca de Galicia
A la deriva
10 de setembro
Filmoteca de Galicia