Evento: Arqueoloxía en Monodose
Arqueoloxía en Monodose
Neste mes de setembro, o MAPOUR retomou o ciclo de "Arqueoloxía en monodose", para descubrir novas propostas para coñecer o noso patrimonio.
Nesta ocasión, José María Eguileta Franco será o relator de "Arqueoloxía municipal en Ourense", coa presentación xeral dos resultados das intervencións arqueolóxicas levadas a cabo na cidade de Ourense.
A conferencia terá lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel, rúa do Progreso, 30. Ourense
José María Eguileta Franco é arqueólogo municipal de Ourense, doutor en historia pola USC e Académico da Real Academia Galega de Belas Artes.
O resto do programa do ciclo é o seguinte:
1 de setembro: "Brandomil romano, unha vila no solpor do Imperio", por Jesús Adelino Gorgoso López
8 de setembro: "Denantes mortos que sinxelos: aldeas e campesiñado na transición do mundo romano ao medieval na Galiza", por Carlos Tejerizo García
15 de setembro: "Arqueoloxía da Alta Idade Media en Galicia: desmontando o mito dun período escuro", por José Carlos Sánchez Pardo