Evento: Concerto de Jared James Nichols

  • Carátula do disco
Concerto de Jared James Nichols
venres, 29 maio, 2015 - 22:30
Sala Son,
Cangas

Concerto de Jared James Nichols

Actuación do cantante e guitarrista na súa xira europea

O cantante, compositor e guitarrista nado en Wisconsin, pero con base en Los Ángeles, canaliza todo o entusiasmo do blues a través do Rock'n Roll explosivo do seu LP, Old Glory & The Wild Revival. 

Compartiu escenario con Buddy Guy ‘Honeyboy’ Edwards, e ‘Big Jim’ Johnson e foi telonero de Kenny Wayne Shepherd e Derek Trucks. Con 21 anos xa realizara máis de 500 actuacións. En 2012 lanza o disco Live at the viper room, chamando a atención das revistas Guitar World e Guitar Player, pasos previos para a publicación do seu LP Old Glory & The Wild Revival.