Evento: A metamorfose

A metamorfose
venres, 5 setembro, 2025 - 21:00
Teatro Principal,
Ourense

A metamorfose

Un espectáculo a cargo de Sarabela Teatro

Que pasa cando lle quitamos a categoría de humano a un ser humano? Se non son seres humanos, que son? Bechos, insectos? Que pasa cando deixamos de ser útiles para a sociedade? A metamorfose amosa a necesidade de ser valorados polo que somos, non polo que producimos. É a historia dun home só, esmagado pola iniquidade dos outros.

Carlos Álvarez Ossorio dirixe e adapta este texto cun elenco formado por Fernando Dacosta, Elena Seijo, Fernando González, Sabela Gago e Fina Calleja, e cun equipo no que Baltasar Patiño está a cargo da iluminación, Nuria Sotelo do movemento escénico, Ruth D. Pereira do vestiario e Renata Codda Font do campo sonoro. Todos, na procura dunha experiencia teatral única.

Máis eventos de tipo Espectáculo

quema
Galicia Escena PRO: Quema
26 de maio
Praza da Quintana
Costureiriña bonita
6 de xuño
Salón Teatro