Evento: Costureiriña bonita, de Cris Collazo

Costureiriña bonita, de Cris Collazo
domingo, 31 agosto, 2025 - 12:30
Praza do Concello,
Mondoñedo

Costureiriña bonita, de Cris Collazo

Costureiriña bonita é unha peza acabada de estrear, e así aínda coa novidade de estar case saíndo do forno acompáñanos polos concellos da RDL.

Inspirada nas costureiras e modistas dos anos sesenta e de como este oficio foi evolucionando ao longo do tempo, esta acción que promove a dinamización do uso do galego desde a propia fonte de creación, a recollida oral de testemuñas reais que se dedicaron ao oficio neste tempo, así coma tantas coplas e cantos da tradición oral.

A través da confección do vestiario viaxaremos no tempo, a épocas e lugares máxicos aprendendo palabras e xestos. A manipulación de obxectos (máquina de coser, agullas xigantes, teas...) e monicreques acompañan esta historia e á nosa protagonista, Lela.

Máis eventos do ciclo FalaRedes

Os Bolechas e o gran reto
26 de agosto, 20:00
Praza da Igrexa - Lalín - Pontevedra
Os Bolechas e o gran reto
27 de agosto, 20:30
Parque do Coto - Negreira - A Coruña
Os Bolechas e o gran reto
30 de agosto, 20:00
Praza da Constitución - Cee - A Coruña
Os Bolechas e o gran reto
31 de agosto, 17:30
Casa Común de Oza - Teo - A Coruña