Evento: CONTACONTOS. Xela, aventura na fraga.

  • Cartel_Xela_27 agosto
CONTACONTOS. Xela, aventura na fraga.
mércores, 27 agosto, 2025 - 11:00
Casa da Cultura do Concello de Sandiás,
Sandiás

CONTACONTOS. Xela, aventura na fraga.

Inma Soto, educadora ambiental e contadora de historias, é a autora de "Xela, aventura na fraga", un conto creado para a posta en valor do noso patrimonio natural e cultural.

Xela é a protagonista dun conto que forma parte dun proxecto de Educación Ambiental. Conta con dúas aventuras na actualidade: "Xela, a superheroína de aldea" e "Xela, aventura na fraga".

Este conto é unha ferramenta educativa para dar a coñecer e poñer en valor os recursos que existen no noso territorio; identificalos, sentir a natureza como unha oportunidade e facer que as nenas e nenos sintan fachenda do noso patrimonio natural e cultural.

Agardamos que vos guste tanto como a nós!

 

Actividade aberta a todos os públicos.

Duración: 60 min.

Horario: 11:00-12:00 horas

Espazo: Casa da Cultura, Sandiás

Máis eventos de tipo Espectáculo

Os Bolechas e o gran reto
20 de agosto
Praza do Convento
Os Bolechas e o gran reto
21 de agosto
Alameda de Raxoi
Os Bolechas e o gran reto
22 de agosto
Praza da Mariña
Os Bolechas e o gran reto
26 de agosto
Praza da Igrexa