Evento: Monstros no camiño
Monstros no camiño
Monstros no camiño
Espectáculo producido por Ghazafelhos
Teatro Ghazafellos presenta Monstros no Camiño, unha divertida comedia para nenos e nenas de 4 anos en diante e as súas familias, que o pasarán de medo con esta historia.
Tres investigadores reúnense nun simposio onde convocarán, coa axuda dunha máquina da súa invención, os monstros do imaxinario tradicional galego que pululan polo Camiño de Santiago. Lobishomes, meigas, o Sacaúntos… desfilarán polo congreso para seren sometidos, con moito humor, a un escrutinio que lles permita aos científicos e ao público, necesario colaborador nesta aventura, comprobar se existen de verdade ou non.