Evento: Concerto

Concerto
sábado, 9 agosto, 2025 - 21:00
Torre do Castro,
Sandiás
Espectáculo de música a cargo de Ábril Trío

Claudia Abril (voz e percusións)  Marina Carpente (violín e voz) e Hugo Abril (Guitarra clásica) integran este proxecto no que melodías tradicionais galegas e ibéricas son adaptadas a sonoridades actuais con certa intimidade, personalidade e frescura. Abril é unha proposta de folk contemporáneo na que instrumentos de música tradicional como a pandeireta, o pandeiro ou o violín folk dan lugar a un coidadísimo repertorio que contribúe a poñer en valor a música tradicional galega sen deixar de lado a modernidade. Abril é tradición renovada; sons de raíz en harmonía co presente. Un microcosmos folclórico no que as identidades converxen e crean comunidade.

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Concerto
10 de agosto, 12:00
Praza do Parque - Vilanova de Arousa - Pontevedra
Concerto
10 de agosto, 18:00
Praza Portal - Sobrado - A Coruña
Bailen as vellas. Os contos das cereixas
10 de agosto, 19:00
Centro Sociocultural de San Cosme - Barreiros - Lugo
A forza da queimada
10 de agosto, 20:30
A Tafona - Caldas de Reis - Pontevedra