Evento: As lendas do conde Breixo

As lendas do conde Breixo
sábado, 13 setembro, 2025 - 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

As lendas do conde Breixo

Contacontos a cargo de Juste Kamishibai

“As lendas do Conde Breixo” é o nome dunha peza de teatro en teatro de papel en clave de contacontos, narrada a través de Emakis e Kamishibai tradicional xaponés.

O seu guión está baseado en varias lendas e mitos tradicionais galegos, nas que se combinan a manipulación do teatro de papel tradicional xaponés (kamishibai), coa técnica emaki (teatro lumínico tradicional xaponés a partir de pergamiños ilustrados).

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Os Bolechas e o gran reto
19 de xullo
Peirao de Arcade
Os Bolechas e o gran reto
23 de xullo
Campo da Feira
A xira do cuarto de século
24 de xullo
Campo do Souto
Os Bolechas e o gran reto
27 de xullo
Parque do Coto