Evento: Nova fábrica de feitizos
Nova fábrica de feitizos
Nova fábrica de feitizos
Espectáculo de maxia a cargo da Maga Fani
Benvidos e benvidas ó lugar de transformación dos procesos imaxinativos: á “Nova Fábrica de Feitizos”.
Unha viaxe fabulosa a través dos sentidos, das situacións inesperadas, do humor e da participación do público, apoiada en todo tipo de trebellos para narrar as surrealistas aventuras e desventuras dunha ilusionista.
Ilusións cargadas de momentos imprevisibles, nun acto escénico con produción de estímulos engaiolantes.