Evento: Concertos nos barrios
Concertos nos barrios
Os Concertos nos Barrios son unha iniciativa da Real Filharmonía de Galicia coa que se busca achegar a música sinfónica a todos os recunchos de Santiago, levando a orquestra fóra do Auditorio para conectala directamente coa cidadanía.
Nestes concertos preséntanse os contidos da nosa tempada, cun formato máis próximo e comentado polo propio director, Baldur Brönnimann. Con esta proposta, a orquestra quere rachar os muros invisibles que afastan a moitas persoas da música clásica e demostrar que esta forma de arte é de todas e para todas as persoas. Música, diálogo e proximidade convértense así en ferramentas para construír unha cidadanía máis cohesionada, aberta e culturalmente activa.
Baldur Brönnimann, director
PROGRAMA
- Cometa: Encarga a Juan Durán. Estrea absoluta
- Wolfgang Amadeus Mozart: Abertura de As vodas de Fígaro
- Edward Elgar: Salut d’amour, Op. 12
- Antonín Dvořák: Serenata en re menor, op. 44, B. 77 (1º e 2º mov.)
- Louise Farrenc: Sinfonía nº 3 en sol menor, Op. 36 (1º mov.)
- Wojciech Kilar: Orawa
- Ludwig van Beethoven: Sinfonía núm. 1 en do maior, Op. 21 (1º mov.)
Máis eventos de tipo Concerto