Evento: Mocho Gris-Atardecer no Gaiás

Mocho Gris-Atardecer no Gaiás
xoves, 31 xullo, 2025 - 21:00
Monte Gaiás, s/n,
Santiago de Compostela

Mocho Gris-Atardecer no Gaiás

Atardecer no Gaiás é un ciclo de concertos ao aire libre organizado pola Cidade da Cultura. Gratuito e deseñado para gozar dos solpores de verán en Santiago de Compostela, presenta unha programación musical div...

Con elementos que van dende o pop alternativo, o indie electrónico, o neo-jazz, o fado ou a música tradicional galega, Mocho Gris debutan con 2, un disco no que o galego Lucas de Centi (líder de Néboa e Mel, e colaborador de Baiuca e Aliboria) e o portugués João Neves (recoñecido artista luso e tamén colaborador de Baiuca) expanden os límites do pop ibérico, explorando as fendas entre diversos xéneros e trenzando un espazo sonoro propio.
Atardecer no Gaiás é un ciclo de concertos ao aire libre organizado pola Cidade da Cultura. Gratuito e deseñado para gozar dos solpores de verán en Santiago de Compostela, presenta unha programación musical diversa: rap, neo‑tradicional, pop indie, electrónica e ritmos tropicais, entre outros. Desenvólvese na Praza Central do Gaiás os xoves e venres durante xullo e agosto, comezando ás 21:00 h .
 

Máis eventos de tipo Concerto

O rianxeiro
21 de xullo
Casa da Cultura
Wolfmother
21 de xullo
Rúa de Concepción Arenal, 5
Ecoralia a lambona ecolóxica
22 de xullo
Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey
A banda dos insectos
A Banda dos Insectos
22 de xullo
Sala Bahía