Evento: La Toñi-Atardecer no Gaiás

La Toñi-Atardecer no Gaiás
venres, 1 agosto, 2025 - 21:00
Monte Gaiás, s/n,
Santiago de Compostela

La Toñi-Atardecer no Gaiás

Atardecer no Gaiás é un ciclo de concertos ao aire libre organizado pola Cidade da Cultura. Gratuito e deseñado para gozar dos solpores de verán en Santiago de Compostela, presenta unha programación musical div...

La Toñi, artista viguesa coñecida por ser a voz e líder do grupo pop Dalsi, transfórmase en solitario cunha proposta entre o europop e o synthpunk na que a tristura se baila. Temas que falan de amor, de resacas emocionais e que celebran a amizade forman o seu primeiro EP, M D Amor <3, editado en cassete en 2024, no que atopamos influencias de artistas como Crystal Castles, HEARTSREVOLUTION, Strawberry Switchblade ou CSS.
Atardecer no Gaiás é un ciclo de concertos ao aire libre organizado pola Cidade da Cultura. Gratuito e deseñado para gozar dos solpores de verán en Santiago de Compostela, presenta unha programación musical diversa: rap, neo‑tradicional, pop indie, electrónica e ritmos tropicais, entre outros. Desenvólvese na Praza Central do Gaiás os xoves e venres durante xullo e agosto, comezando ás 21:00 h .
 

Máis eventos de tipo Concerto

Música das Illas, Música do Mar
26 de xuño
Museo do Mar de Galicia
Maxicamente
26 de xuño
Praza Maior
Nikki Hill + Sr. Salvaje
26 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5
Concerto
27 de xuño
Exterior piscina municipal