Evento: Melodiam-Atardecer no Gaiás

Melodiam-Atardecer no Gaiás
xoves, 7 agosto, 2025 - 21:00
Monte Gaiás, s/n,
Santiago de Compostela

Melodiam-Atardecer no Gaiás

Atardecer no Gaiás é un ciclo de concertos ao aire libre organizado pola Cidade da Cultura. Gratuito e deseñado para gozar dos solpores de verán en Santiago de Compostela, presenta unha programación musical div...

Desde Berlín chegan á Praza central do Gaiás Melodiam, un dúo formado polas pontevedresas Almudena e Carlota. A súa é unha proposta electrónica e urbana con letras vitalistas que coida ao detalle a dirección de arte, a producción e a composición dos seus temas para construír un imaxinario persoal que toma inspiración de melodías globais. Bótalle un ollo a calquera dos seus vídeos, como Baby Girl ou o seu último single SERÁ M3JOR.
Atardecer no Gaiás é un ciclo de concertos ao aire libre organizado pola Cidade da Cultura. Gratuito e deseñado para gozar dos solpores de verán en Santiago de Compostela, presenta unha programación musical diversa: rap, neo‑tradicional, pop indie, electrónica e ritmos tropicais, entre outros. Desenvólvese na Praza Central do Gaiás os xoves e venres durante xullo e agosto, comezando ás 21:00 h .
 

Máis eventos de tipo Concerto

Concerto
25 de xullo
Auditorio do Grove
Concerto
26 de xullo
Albergue de Briallos
Home Orquestra
26 de xullo
Praia fluvial de San Clodio
Ecoralia a lambona ecolóxica
27 de xullo
Adro de Santa María do Azougue