Evento: Futurachicapop+Kike Varela Dj-Atardecer no Gaiás

Futurachicapop+Kike Varela Dj-Atardecer no Gaiás
xoves, 21 agosto, 2025 - 21:00
Monte Gaiás, s/n,
Santiago de Compostela

Futurachicapop+Kike Varela Dj-Atardecer no Gaiás

Atardecer no Gaiás é un ciclo de concertos ao aire libre organizado pola Cidade da Cultura. Gratuito e deseñado para gozar dos solpores de verán en Santiago de Compostela, presenta unha programación musical div...

Sintetizadores e melodrama son as marcas da casa de Futurachicapop, unha das voces máis orixinais do pop actual. Himnos contaxiosos e confesionais nos que o amor, o desexo e a nostalxia son material para o baile e a autoafirmación queer. Literatura Romanticofestiva é o título do seu último traballo, unha reinterpretación e homenaxe ao pop chicle dos 2000s que xoga co eufórico e o melancólico para demostrar que o romanticismo segue vivo.
Pola súa parte, Kike Varela é un dos DJs de música electrónica con máis sona de Galicia. Muiñeira de Chantada foi unha das dez cancións en galego que máis soou en Youtube en 2023, e escoitouse tamén en pistas de baile, festivais, programas de tv e incluso no estadio do Depor. Gañar o concurso de DJs do Nova Era Beach abriulle a posibilidade de pinchar nun dos festivais máis grandes de Europa xunto a artistas como Timmy Trumpet ou Steve Aoki. Con el pecharemos esta edición de Atardecer no Gaiás.
Atardecer no Gaiás é un ciclo de concertos ao aire libre organizado pola Cidade da Cultura. Gratuito e deseñado para gozar dos solpores de verán en Santiago de Compostela, presenta unha programación musical diversa: rap, neo‑tradicional, pop indie, electrónica e ritmos tropicais, entre outros. Desenvólvese na Praza Central do Gaiás os xoves e venres durante xullo e agosto, comezando ás 21:00 h .
 

Máis eventos de tipo Concerto

Gold&Colt
16 de xullo
Rúa dos Viños
Concerto
18 de xullo
Campo do Souto
Homenaxe á música latina
18 de xullo
Praza do Concello