Evento: Hoxe Si!

Hoxe Si!
domingo, 20 xullo, 2025 - 18:00
Teleclub de Romai,
Portas
Espectáculo de novo circo a cargo de Sempre Arriba

Hoxe é o día. Hoxe Ela organizou unha gran festa para celebrar a vida, e onde facer realidade os seus … “SOÑOS PENDENTES POR CUMPRIR" Temos todo preparado, un triángulo por espazo de xogo, soños que soben, baixan e flotan no aire, temos un DJ, os temazos musicais da nosa vida, circo, ganas e moita actitude. Hoxe é o día de non deixalo para Mañá.

Unha proposta desenfadada ambientada nos 80, unha invitación a xogar, a gozar, a soltarnos por un día, a vivir celebrando o momento presente. Un espectáculo en linguaxe clown con acrobacia aérea, e sobre todo moito humor, no que con toques de nostalxia cómica, interactúase de maneira directa co público, convidándolle a ser partícipe desta Festa do Hoxe Si!

Máis eventos de tipo Espectáculo

Costureiriña bonita, de Cris Collazo
7 de setembro
Praza do Concello
A Ramona pequena vai á Lúa
13 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A xira do cuarto de século
27 de setembro
Auditorio Municipal Hernán Naval
Xeografía do imaxinario: contos, versos e lendas de Galicia
17 de outubro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal