Evento: Catas sonoras

Catas sonoras
xoves, 3 xullo, 2025 - 21:00
Museo do Viño de Galicia,
Ribadavia

Catas sonoras

Oportunidade para gozar de música e catas de viño na terraza exterior do museo

Edición número cinco do ciclo de Catas Sonoras no Museo do Viño de Galicia, cando o museo está a piques de celebrar o seu sexto ano de vida. As Catas Sonoras permiten gozar en directo de música para todos os gustos, dende o jazz aos autores clásicos, a bossa nova, o blues...

A música desfrútase ao solpor, na terraza do museo, nun entorno de viñedo e arquitectura, e finaliza cunha copa de viño para rematar a sesión e parolar distendidamente.

Ao longo do verán, o programa é o seguinte:

- xoves 3 de xullo: Mister Cool & Vadim Yukhnevich.

Mister Cool, cantante, guitarrista e actor, un dos referentes da música en Galicia e director do Coro de actores e actrices de Galicia.

Vadim Yukhnevich é acordeonista, compositor e cantante. Estuda a súa carreira musical en Minsk, onde foi premiado en tres ocasións en concursos de interpretación de acordeón.

- xoves 10 de xullo: Jimmy Barnatán.

- xoves 7 de agosto: Jeff Espinoza & Gaby Jogeix

- xoves 21 de agosto: Ángeles Dorrio

- xoves 28 de agosto: Olga Brañas & Susanna Blanco

 

Máis eventos de tipo Concerto

Ariel Rot
5 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5
Tamara
7 de xuño
Rúa do Preguntoiro, 23
Habitación Vudú
7 de xuño
Arca da Noe