Evento: Xornadas arredor do traxe

Xornadas arredor do traxe
venres, 6 xuño, 2025 a domingo, 8 xuño, 2025
Praza da Inmaculada,
Santiago de Compostela

Xornadas arredor do traxe

No marco da celebración do 30 aniversario da Asociación do Traxe Galego, celebran estes faladoiros impartidos por distintos especialistas do traxe popular. 

No marco da celebración do 30 aniversario da Asociación do Traxe Galego, celebran estes faladoiros impartidos por distintos especialistas do traxe popular. (HORARIO POR DETERMINAR)

  • “As Artes do adorno corporal: a ouriveria tradicional de Galiza “- Fernando Martinez Vilanova. Formas, evolución, desenvolvemento e xestación da nosa ourivería no marco histórico dos séculos XVII, XVII e XIX. 
  • “Picheleiras: o traxe tradicional na comarca de Santiago“- Andrés Collantes . Características e peculiaridades do traxe tradicional popular en Compostela e a súa contorna. Os traxes de brillantes: bristol, ouro, negro e claro de luna. 
  •  “Os coros de bonitos “- Francisco Collantes. Do abandono do uso do traxe tradicional como prendas do vestir no día a día e o seu uso no acto festivo do entroido. Características e peculiaridades en Compostela e a súa contorna: os coros de bonitos. 
  • “O tecido tradicional en Galicia. Usos na indumentaria”- Obradoiro Pal.lium (Sandra Bastón e Carlos Diaz). Materiais, técnicas e usos. De teares, fios e tecidos. Uso do tecido nas prendas da indumentaria tradicional. 
  •  “Os pintores e o traxe “ -José Luis Rodriguez Álvarez. Un achegamento xeral ao traxe tradicional popular dende a perspectiva dos pintores rexionalistas. A importancia da súa achega pictórica como coetáneos ao esplendor do uso do traxe tradicional popular galego. 
  • “O traxe aldeán de Lugo“ - Traxandaina Grupo Etnogáfico – María Teresa Astorgano. O traxe popular na provincia de Lugo . Características e peculiariedades. 
  •  “A Vestimenta tradicional de Muller na Provincia de Ourense” - Antón Méndez Gándara. Descrición das pezas máis caracteristicas e diferenciadoras da vestimenta tradicional feminina ourensá: prendas, nomenclatura, tecidos, patróns, cores e usos . 
  •  “Variantes do Traxe na Provincia da Coruña “ - Yerai Paz. O traxe tradicional na provincia da Coruña, variación por comarcas. Características diferenciadoras e puntos comúns entre comarcas e vs outras provincias galegas. 
  • “O traxe tradicional en Pontevedra. Un paseo do mar a montaña“ - José Cortizo. O traxe tradicional en Pontevedra. Peculiaridades e características diferenciadoras. Variacións dentro da propia provincia. 

 

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
Real Filharmonía de Galicia. Temporada 2024-25
3 de outubro a 29 de maio
Avenida do Burgo das Nacións
Música en familia para bebés
11 de marzo a 17 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Fonte: Cortesía de Pablo Quintana na web da RAG
Día das Letras Galegas 2025
5 de maio a 31 de maio
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel