Evento: ¡Madre mía!
¡Madre mía!
Co seu anterior espectáculo "Cómo conocí a mi suegra", Ismael e Isa levaron as súas andanzas domésticas e de parella por teatros de toda España.
Rimos con eles e coa súa forma de entender que as dificultades da parella lévanse mellor cunha boa dose de humor.
Agora a vida ponlles outra proba: acaban de ter un bebé. O que antes era unha convivencia complicada agora é un descontrol absoluto, o que antes era difícil, agora semella imposible. Cando case aprendían a vivir como parella, decátanse de que son un trío. Os influencers que antes anunciaban xoguetes sexuais, agora anuncian panos. ¡¡MADRE MÍA!!
Pero por moito que sexa serio isto de ser pais, Ismael e Isa saben sacarlle a todo o cachondeo. Todo complicouse bastante, pero son felices porque ao fin e ao cabo iso é o que máis lles gusta: complicarse a vida e rir de todo.