Evento: Por que non hei de cantare

Por que non hei de cantare
venres, 2 maio, 2025 a sábado, 31 maio, 2025
Avenida de Xoán XXIII,
Santiago de Compostela

Por que non hei de cantare

Desde a Biblioteca Ánxel Casal queremos presentar un percorrido que vai desde a trasmisión oral da literatura popular ata o verso cantado para unírmonos á celebración do Día das Letras Galegas 2025 dedicado ás ...

Desde a Biblioteca Ánxel Casal queremos presentar un percorrido que vai desde a trasmisión oral da literatura popular ata o verso cantado para unírmonos á celebración do Día das Letras Galegas 2025 dedicado ás cantareiras Adolfina e Rosa Casás, Eva Castiñeira e Manuela Lema, representación colectiva de todas aquelas mulleres que foron custodias e divulgadoras deste tesouro cultural.
Os materiais fotográficos incluídos nestes traballos publícanse por cortesía do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego) no que se alberga o fondo Schubarth-Santamarina ao que pertencen as fotografías.
Na sala infantil. Pode visitarse ao longo do mes de maio durante o horario de apertura da biblioteca.
 

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Do soño á apocalipse. Os vieiros da literatura fantástica en galego
31 de outubro a 18 de maio
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo
27 de xaneiro a 31 de maio
Monte Gaiás, s/n