Evento: Más que abejas. Polinizadores y flores, la vida en juego

Más que abejas. Polinizadores y flores, la vida en juego
martes, 6 maio, 2025 a sábado, 31 maio, 2025
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Más que abejas. Polinizadores y flores, la vida en juego

Exposición producida polo Museo de Ciencias Naturais de Barcelona

A biblioteca acolle esta exposición producida polo Museo de Ciencias Naturais de Barcelona.

Cunha formulación museográfica visual e pedagóxica que ofrece varios niveis de lectura en paralelo, a exposición explora o apaixonante mundo das abellas, un dos grupos de polinizadores máis importantes e, ao mesmo tempo, bastante descoñecido. A mostra é un escaparate da vida das abellas silvestres, pero tamén representa unha oportunidade para entender o papel que exercen estes insectos, xunto cos seus hóspedes, as plantas, no equilibrio ecolóxico do planeta. E é que a humanidade se enfronta a un problema inquietante, o declive das abellas, do que cada vez se fala máis e que o Museo de Ciencias Naturais non pode eludir. As causas son múltiples e están intimamente relacionadas coa longa cadea de alteracións do medio causadas pola actividade humana. Debemos ser conscientes dos danos que provocamos e trazar un guión de boas prácticas para recuperar a biodiversidade perdida.

A exposición está estruturada en dous grandes bloques. O primeiro, máis pedagóxico, expón de forma didáctica que é a polinización, os axentes implicados, a diversidade destes axentes, a importancia da polinización na alimentación humana, a crise dos polinizadores, as razóns do declive… O segundo bloque exponse como unha interacción co visitante para explicarlle que pode facer ante esta situación, empezando por plantar flores aromáticas, construír hoteis de insectos…, e para que entenda que non todo está perdido: aínda podemos endereitar o rumbo para que todo cambie.

A exposición tamén quere dar visibilidade ás iniciativas que se están levando a cabo en todo o mundo para dar a coñecer estes pequenos seres que realizan funcións esenciais para a estabilidade do planeta.

No vestíbulo. Pode visitarse no horario de apertura da biblioteca.

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Do soño á apocalipse. Os vieiros da literatura fantástica en galego
31 de outubro a 18 de maio
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo
27 de xaneiro a 31 de maio
Monte Gaiás, s/n