Evento: Realidade imperfecta
Realidade imperfecta
Beatriz Mosés é una muller de mediana idade soñadora e imaxinativa. Tras a perda da mobilidade da man que empregaba para todo tivo que volver a empezar.
Hai pouco máis dun ano, decidiu retomar a pintura, un camiño que, pouco a pouco, a levou ata o día de hoxe, onde ten o pracer de presentar a súa obra ao público.
Beatriz traballa con acuarela e pluma de tinta, acrílico, algúns óleos, así como diversos materiais e tamaños. Ademais, explora tamén outras técnicas como o debuxo a lapis, carboncillo ou rotulador, e complementa as súas obras con poesías propias, creando un espazo onde a pintura e as palabras se funden en harmonía.
Esta é a súa terceira exposición, que se presentará o martes 6 de maio ás 19h, Beatriz estará pintando en vivo e realizará unha visita comentada, onde explicará en detalle o proceso creativo e as emocións que inspiran cada unha das súas pezas que van acompañadas tamén de poesías da autora.